Revista Nós, nº 55:

<< Tanto as bruxas como as meigas, e demáis da mesma familia, teñen poder pra causaren impunemente dano ós seus nemigos. Istes danos son o mal de ollo, que consiste en que ollando esas persoas unha cousa calquera de certa forma, producen doenzas que os médecos non son capaces de curar e que pra facelo compre andar pola bruxería e valerse de certas cerimonias propias delas. O meigallo é cousa semellante, e consiste en que, por causa dalgunha meiga, unha persoa non teña sorte nos seus negocios, e que todo lle saia mal.
O feitizo somentes se refire a unha cousa determiñada e xeralmente é cousa de namorados.
Pra se liberar dos males que poden producir tóda-las tocadas do demo fanse desconxuros que consisten en dicir certas oraciós ou proferir ameazas contra o demo facendo cruces sobre a cousa ou persoa con cinzas de follas de loureiro bendito, allo, borralla e manteiga de porco en conserva (unto) e outras cousas polo xeito.
>>

1