"SAN PEDRO SEMPRE FOI PILLO"
Cando andaba polo mundo Jesucristo, un día iba con San Pedro,
e pediron pousada nunha casa, e déronlles unha cama pra dormir.
Pola mañá, o amo chamóunos cando se levantaron, pero
Jesucristo aquel día estaba mui cansado, e desguíu dormindo.
A muller da casa, vendo que non se levantaban, volvéunos a chamar,
pero eles seguiron durmindo, i entonces foise a muller, e pensando que
eran unhos pobres muy preguizosos, agarróu un pau e, vendo que inda
estaban durmindo, empezóu a reñer con eles, e deulles unhos
paus, pra que se levantaran, a Jesucristo, que era o que estaba pola Beira.
Pero tan cansado estaba, que nin con esas se levantaron. Dalí a
un pouco, veu o home pra almorzar, e preguntóu se marcharan os pobres,
i a muller contestóulle:
-¡Qué habían de marchar! ¡Inda están
na cama! Vai alí e dalles unhos paus, a ver si levantan dunha vez.
¡Ah!, e dalle ao do outro lado, que ao da beira xa llos dín
eu hai un pouco, e como se nada.
San Pedro, que estaba desperto, e oíu a conversación
díxolle a Jesucristo:
- Padre Maestro, despierte y pase para este otro lado, que ahora
viene el marido con otro palo a levantarnos.
Pasóuse Jesucristo pra o outro lado, e San Pedro arrimóuse
canto puido á rilleira da cama, de modo que, cando chegóu
o home, empezóu a reñer con eles porque non se levantaban,
i, ao mismo tempo, agarróu de pau e metéulle unhos paus ao
do outro lado, como lle dixera a muller. Desta maneira, San Pedro libróuse
da tunda, i o pobre Jesucristo levóuna dúas veces..
Indice de contos
O que sexa...