POBRE DE MÍN E MÁIS DOUTRO
Era un matrimonio que fritiron tres chichos
(iscos) para cear. Canfo foron comelos, dixo o home que el comía
dous. A muller dixo que non, que sería ila quen os comería.
Rifaron. E de un cachete forte caiéu atolondrada a muller. O home
coidóu que xa era cadavre, e amortaxóuna.
Pola noite veu a xente ao velatorio. E, cando estaban todos cabo
da defunta, ésta veu en acordo pouco a pouco.
Ao empezarlle o coñecemento, seguía coa teima,
e berróu: "¡Eu hei comer dous! ¡Eu hei comer dous!".
Asustada a xente do velatorio, coidaron cousa do outro mundo, e saíron
a escape. Mais un home que era coxo, non podendo correr, ía saíndo
e decía: "¡Pobre de mín e máis doutro!".
Indice de contos
O que sexa...