OS CAZADORES QUE FALABAN DO CORZO
Un día, indo dous cazadores de caza, xuntáronse
pra comer a contar as impresiós do día, e un contaba:
- Eu, dun tiro, matéi catro perdices, e, de outro, matéi
seis.
O outro dixo:
- ¡Home, xa está ben! ¡Pero aínda foi
pior eu, que, dun tiro, atraveséillo o ollo e a perna ao corzo!
- ¿E cómo pudo ser iso? Si lle deches na perna,
non lle poideches dar no ollo.
Entón o criado do outro remedóulle dicindo:
- É que, cando o corzo saltaba un valado, ao levantar
a perna á altura do ollo, foi cando lle ceibóu o tiro, e
pasóulle da perna ao ollo.
- Ai, así xa pode ser algo millor.
Cando logo se quedaron solos o amo e o criado, díxolle
éste a aquél:
- Outra vez, meu amo, minta máis a modo,
que costóume moito traballo
xuntar a perna co ollo.
Indice de contos
O que sexa...