A GALIÑA ASUSTADA
Unha vez era unha pita que estaba deaixo dunha pereira
e caíulle unha pera na coroniña. Marchou onde o galo e díxolle:
- Marche de aí, don Galo, que cae o mundo
a pedazos.
- ¿Quén llo dixo, doña Galiña?
- Caeume a min na coroniña.
E marchou.
Chegou onde a lebre e díxolle:
- Marche de aí, Doña Lebre, que cae
o mundo a pedazos.
- ¿Quén llo dixo, doña Galiña?
- Caeume a min na coroniña.
Marchou e chegou onde a raposa:
- Marche de aí, doña Raposa, que cae
o mundo a pedazos.
- ¿Quen llo dixo, doña Galiña?
- Caeume a min na coroiña.
- Se cae o mundo a pedazo, eu quero ir ben fartiña.
E papou á faladora galiña..
Indice
de contos
O que sexa...