Un galego i un andaluz estaban nunha fonda
onde somentes lles puxeron de comer un prato de patacas con carne, estando
a carne no lado do galego e as patacas no do andaluz..
O andaluz comenzóu a falarlle ao galego do
momento de rotación do mundo, e, pra esplicarlle mellor, comenzóu
a move-lo prato, pois o que quería era deixa-la carne do seu lado,
e namentres dicía:
-¿Lo ves? Así es como gira.
Pero o galego, entendeu o xogo, e voltando
o prato, coa carne para sí berroulle o andaluz:
-¡Deixa o mundo como está ou féndoche
a testa!
Indice de contos
O que sexa...