II CONCURSO ESCOLAR GAIOLA ABERTA |
Desde o Departamento de Lingua e Literatura Galega e o Equipo de
Potenciación do Galego do Institituo das Lagoas de Ourense dirixímonos de novo a todos
vós, para participarvos da organización do II Concurso de Prensa Escolar Gaiola Aberta. A boa receptividade que tivo a I edición do concurso, o conseguinte éxito de participación tanto en cantidade como calidade das revistas presentadas, e as mostras de alento que nos fixestes chegar desde moitos centros de ensino de Galicia, leváronnos a pensar na organización desta nova edición e a mellora da dotación dos premios. A Aula de Cultura de Caixa Galicia en Ourense é, nova e xenerosamente, a patrocinadora deste consurso que se organiza de acordo coas seguintes |
Á MELLOR ILUSTRACIÓN | |
Finalistas | -Portada de Eidos, do Colegio Lasalle de
Santiago. Autor: Delfín Couto Mallón. -O cómic "Xulieta" de O Provisional, do IESP María Sarmiento de Viveiro. Autor: Primitivo -Chámalle X, ilustración da páxina 11 , revista do Instituto Vilar Ponte de Viveiro -Casz da Gramática do Instituto Virxe do Mar de Noia. Autoras: Paloma San Luís e Inma Oviedo |
Premio | Casa da Gramática do Instituto Virxe do Mar de Noia. Autoras: Paloma San Luís e Inma Oviedo. |
Ó MELLOR ARTIGO | |
Finalistas | -"Kultura popular" de Chámalle X do
Instituto Vilar Ponte de Viveiro -"Romance de Juan Felpeto" de Canle do IES Isaac Díaz Pardo de Sada. Autor: M. Fumao -"Perspectivas do futuro pretérito" de Arando cedo, do Instituto María Soliño de Cangas. Autor: Adrián Mole. -"Lecturas adolescentes" de Leliadoura, do IB. Camilo José Cela de Padrón. Autoras: Esther Baleirón e Carmen Saborido. |
Premio | "Perspectivas do futuro pretérito" de Arando cedo, do Instituto María Soliño de Cangas. Autor: Adrián Mole. |
Á MELLOR REVISTA | |
Finalistas | -Arando cedo, do IB María Soliña de Cangas -Manda carallo, do IB Meixoeiro de Vigo -Calpurnia Abana, da Laboral de Ourense -Leliadoura do I.E.S. Camilo José Cela de Padrón |
Premio | O premio ex
aequo para:
|
Asemade,
entrégase un premio á revista máis máis votada polos alumnos do Instituto As Lagoas a:
|
1ª. Poderán participar tódolas revistas de calquera tipo que se veñan editando regularemente nos centros de Ensino Medio de Galicia e que respondan ó que habitualmente se denomina "prensa escolar" entendéndoa como calquera publicación impresa, multicopias en impresora ou fotocopiada, redactada, montada, organizada e distribuída dentro das actividades habituais da vida escolar dun centro de ensino e que estea redactada íntegra ou parcialmente en galego.
2ª Establécese unha única categoría e tres premios:
1.- Premio á mellor revista no seu conxunto: 100.000 pesetas
2.- Premio ó mellor artigo: 25.000 pesetas
3.- Premio á mellor ilustración: 25.000 pesetas
3ª Os participantes deberán enviar antes do 9 de maio de 1997 un exemplar das revistas publicadas durante o presente curso 1997-98 ó seguinte enderezo.
II CONCURSO DE PRENSA ESCOLAR "GAIOLA ABERTA"
DEPARTAMENTO DE LINGUA E LITERATURA GALEGA
Instituto De Bacharelato "As Lagoas"
Rúa Blanco Amor 2
32004 OURENSE
4. O xurado estará composto por seis persoas: dous membros do equipo de redacción de "Gaiola Aberta" escollidos entre os alumnos que o integran, un profesor do departamento de lingua e literatura galega, un profesor do departamento de deseño e dous xornalistas.
5. O fallo farase público no acto de entrega de premios e coincidirá cos actos do Día das Letras Galegas que se celebren ó redor do 17 de maio no Centro.
6.- Tódolos exemplares recibidos serán ingresados como doazón na Biblioteca do noso Instituto.
7.- Ningún dos premios poderá ser outorgado á revista "Gaiola Aberta" editada no Instituto "As Lagoas" de Ourense.
Patrocina Aula de Cultura de Caixa Galicia de Ourense | |
Organiza Dep. de Lingua e Literatura Galega |