O medio


Os solos fangosos do esteiro son moi ricos en sales, especialmente cloruro sódico e carbonatos procedentes da descomposición de cunchas de organismos mariños e dos arrastres fluviais.

Estas sales, especialmente os cloruros, son o factor limitante para o crecemento das plantas xa que os solos compórtanse como secos aínda que estean húmidos ou cubertos polas augas, polo que as plantas para poderen sobrevivir teñen adopatado unha serie de adaptacións:

    1]  Almacenan sales no seu interior, o que provoca altas presións osmóticas nos seus fluídos celulares, e permítelles absorver e reter auga.

    2] Evitan as pérdas de auga mediante a reducción da superficie foliar;  reducción que pode chegar á desaparición total das follas, como no caso de Salicornia, e funcionando ós talos como órganos fotosintéticos.

    3] Presentan follas e talos carnosos nos que acumula auga.

    4] Presentan cores glaucas que reflexan a radiación solar e evitan ó quentamento excesivo.


 
 
A Flora

Nas zonas centrais da marisma, sobre fondos de fango e area que quedan ó descuberto na baixamar instalase a Ceba (Zostera sp.), unha fanerógama mariña de aspecto graminoide que nos últimos anos está ampliando á area colonizada.

Acompañando á Ceba, e noutros lugares do esteiro (incluso na canle principal do río Miñor) atópanse algas verdes, principalmente o Verdello (Enteromorpha sp.) e a Verza (Ulva rigida), que desempeñan un importante papel na ecoloxía da marisma xa que forman un denso tapiz que contribúe á deposición de sedimentos e que acobilla os microorganismos responsables da degradación da materia orgánica.


simplificado de Alejo, I. et al, 1990

 
As algas pardas presentes son o Buche bravo (Ascophyllum nodosum) e a Corbela (Fucus vesiculosus) que se localizan nos muros existente nos laterais do esteiro.

 
 

 
A fronte de colonización das areas finas e medias está ocupada pola especie pioneira Herba salgada (Salicornia ramosissima) que xunto ó verdello, ó favorece-la deposición do sedimento, xoga un importante papel de estabilización do substrato.

Cando a duración da emersión das augas aumenta, outras fanerógamas poden coloniza-lo substrato. A primeira en facelo é a Spartina maritima. Esta planta é quen ocupa unha maior extensión na marisma, e vive ata ó límite da premar durante as mareas mortas, e a súa presencia favorece a deposición e a fixación dos sedimentos.

No bordo da marisma, e en illotes de topografia elevada da zona intermareal, dispónse o  Halimione portulacoides, mentres que nas zonas asulagadas só polas mareas vivas, e nas zonas de recheo artificial atopamos a Xunqueira (actualmente en regresión)  formada por distintas especies do xénero Juncus.


  1