Complexo intermareal da Ramallosa
Esteiro do río Miñor


 
 
A área intermareal da Ramallosa, coñecida localmente como a Foz, 
situase na Enseada de Baiona ó sur da Ría de Vigo. A
dministrativamente pertence ós concellos de Nigrán e Baiona.

 
 
 

(en Alejo, I.; et al. 1990)
A vexetación predominante é de especies halofitas. A fauna invertebrada é numerosa e serve de sustento ás aves migratorias que aquí descansan ou pasan o inverno.

A Foz é tamén un importante recurso económico xa que as poboacións de Cadelucha (Donax sp.), de Ameixa fina (Venerupis decusata), e de Croque (Cerastoderma edule) se explotan comercialmente por parte de mariscadoras pertencentes á Confraría da Anunciada.

A marisma está protexida da acción directa do mar mediante unha frecha litoral (praia da Ladeira) na que actualmente se asenta un camping. 
 
 


mapa topográfico E 1:25.000
O río Miñor que desemboca na baía, é o caudal fluvial máis importante, existindo tamén outros dous pequenos ríos (Belesar e Grova) que verten as súas augas dentro da foz.

Dende o punto de vista xeolóxico, o esteiro está situado sobre rochas metamórficas do Ordovícico (xistos principalmente) que están rodeados de materiais graníticos.

O clima é mediterráneo marítimo con abundantes precipitacións durante case todo o ano, máximas nos meses fríos, e estación seca nos meses de xuño e xullo. A temperatura media óscila entre os 20,0 ºC en xullo e os 10,2 ºC en xaneiro.


 
 
Nos últimos 40 anos o sistema intermareal ten sufrido unha importante modificación, e os principais problemas que afronta son:
    • Recheos artificiais que minguaron a súa superficie, so-bre todo a parte superior da marisma, modificando a distribución de sedimentos e limitando a área a empregar pola avifauna nas preamares.

    • Construccións na periferia (vivendas, estradas, pa-seo marítimo...) que artificializan as súas beiras, limitando os intercambios da marisma coa zona circundante e limitando o seu papel como regulador hídrico. O paseo marítimo recentemente construído, aínda que dun xeito artificial, delimita claramente a marisma actuando de barreira fronte ós impactos derivados do desenvolvemento urbanístico e turístico, ó tempo que ofrece una magnífica plataforma para a observación da avifauna presente.

    • O antigo campo de dunas é unha das zonas máis degradadas. Nel abundan depósitos de entullo (empregado para reencher anarquicamente partes da marisma), e utilízase como campo de prácticas de motocrós e lugar de aparcadoiro de coches. Esta situación debería desaparecer, ou cando menos iniciar unha recuperación, cando se completase o deslinde do Dominio Público marítimo-terrestre e se proceda á ordenación do litoral neste sector. 

    • O cámping situado sobre a barra litoral (a marea alta bate directamente coa crebaondas alí construída) impide o normal movemento de area entre a praia e a marisma nos períodos de marusía e tormentas, rachando o equilibrio erosión/sedimentación e creando correntes de deriva que retiran area cara á parte da praia que se apoia sobre a estrada, ó tempo que favo-rece o depósito de materiais finos na parte interna da marisma. 

    • A contaminación debida ó acumulamento de verquidos sólidos e orgánicos que provocan o enriquecemento en nutrientes (carbono, nitróxeno e fósforo), maniféstase na proliferación
    cada vez máis frecuente de algas verdes no interior da marisma e, sobre todo, na zona sur de praia Ladeira. 

    Respecto á presencia de metais pesados na Foz, Carba-lleira A. et al (1997) indican que o risco ecolóxico potencial, calculado en función das concentracións de metais pesados presentes
    nos sedimentos superficiais, é baixo ou nulo. Os niveis do Factor de Contaminación (7) metálica en sedimentos superficiais para Manganeso (Mn), Cobalto (Co), Chumbo (Pb), Níquel (Ni), Cinc (Zn) é Cromo (Cr) son baixos ou inexistentes, só o Cobre (Cu) presenta un nivel moderado.

    En canto ós organismos, os niveis do factor de contaminación máximo atopados resúmense na seguinte táboa:

                                    Zn         Cr            Cu                   Ni                    Mn                Co          Pb

    Miñoca (1) moderado alto alto alto moderado moderado
    Fucus (2) alto alto considerable considerable considerable escaso escaso
            (1) Nereis diversicolor   (2) Fucus ceranoides

    Os mesmos autores, e referíndose ó conxunto de esteiros de Galicia, conclúen que en termos xerais o Cobre é o elemento metálico máis importante, aparecendo os niveis máis ele-vados
    naquelas zonas caracterizadas por unha alta presión urbana e/ou industrial. Os seguintes, en orde de importancia, son o Níquel e o Cromo, manténdose a tendencia observada no caso dos sedimentos e confirmando o enriquecemento en Cobre que se está producindo nestes ecosistemas.



    (7) O Factor de Contaminación é a relación existente entre a concentración dun ele-mento nunha mostra e a concentración do mesmo elemento correspondente ó seu Nivel de fondo. O valor móstrase nunha escala relativa: baixo, moderado, considera-ble, alto.
1