Cormorán moñudo
Phalacrocorax aristotelis
Descrición: mide 75 cm. e son de sexos iguais. Teñen
a plumaxe negra con reflexos verdes. Na época nupcial mostra unha
pequena crista negra. Peiteiro negro, longo, afiado coa punta ganchuda
e é de cor amarela. As patas son negras palmeadas. Ata o segundo
ano son pardos coa gorxa branqueciña. No voo é baixo mostrando
un pescozo longo e longas e anchas ás.
Distribución: en Galicia é común e sedentario
e a súa poboación vaise incrementando paulatinamente. Habitat:
mariño. Observacións: aniña en illas, furnas
ou acantilados da beiramar, entre xaneiro e xullo. Pon dous ou tres ovos
azuis craros que os dous sexos chocan ós 80 días. Aliméntase
de peixes. |
|