Mazarico rabinegro
 

Limosa limosa               Aguja colipinta
Descripción. Mide 41cm. Sexos iguais. As patas e o peteiro son moi longos, este último lixeiramente revirado cara arriba. En voo destaca unha ancha banda branca en cada á e unha posterior negra, e no rabo unha ancha banda terminal negra precedida doutra branca; as patas sobresaen bastante. 
Distribución e status. Cría en Centreuropa e inverna en África.  En Galicia cría localmente. Vese nos pasos, principalmente no postnupcialde finais de xullo a mediados de outubro,mais notoriamente en septembro. Como invernante non é abondoso.  Habitat. Vive nas marismas, esteiros e praias lamacentas.  Observacións. A finais de maio fai o niño nunha depresión no chan entre herba. Alimentase de insectos, vermes, moluscos e crustáceos.
1