Garza real
Ardea cinerea
Descrición: mide 90 cm. e é de sexos iguais. De dorso
con ristas lonxitudinais en negro e ás grises escurecendo nas plumas
rameiras co vértice flexor branco e negro. A cabeza, peito e ventre
son brancos. Ten unha longa crista e lista ocular negras; peteiro amarelo
e patas amarelo-verdoxas. Os inmaduros ata o segundo ano teñen a
crista pequena, o curuto cincento escuro e carecen de risca ocular. De
voo lento coas ás arqueadas. Emiten un croar áspero. Pousan
tanto no chan coma nas árbores. Distribución:
En Galicia vese no outono e no inverno e as especies inmaduras no verán.
Hai zonas repoboadas entre os anos 82 e 85 con exemplares do norte de Europa.
Hábitat:
esteiros, lagoas, marismas ou seguindo os cursos dos ríos. Observacións:
aliméntase de peixes, anfibios, reptís, micromamíferos
e mesmo polos doutras aves. |
|