Foi no enterro de Antón Avilés de Taramancos,
na parroquia de Boa.
Halle gustar o sitio: ten boa vista
-dixo a velliña dos ollos arroxados,
cando a terra petou no cadaleito cos cotenos.
¿Quen dixo que o pobo non recoñece aos seus poetas?
Camposanto, de Manuel Rivas, do libro Costa da morte blues.
Antón Avilés de Taramancos
|