Brua o mar de Carnota,
Mete leña e pecha a porta.

-Dicían os avós en Outes,
 no val do río Donas,
 na Poza, O Baleixo, Banzas,
 Cabanamoura, Buiste.

Entón, o silencio
deixaba escoitar o bater do mar de fondo,
un sutil latexo no aire terra adentro
agoiro do vendaval.



Areal de Carnota, dende a carretera que sube a Cubelo e Adraño.






1