Hai moitos anos,
tamén eu ollei bailar á xulamita
e, como El-rei,
agabillei polas súas trenzas
e prendín dos seus rizos.
Moito choveu desde entón,
As bágoas do ceo encheron un val
e ese val secou
e foi malva e miñato.
A árbore deu en nave
e a nave, carro de queixume e de po.
Isto non acabou.
Agora son voluta de fume,
contradanza da soedade,
vixía que renace nos ollos do que le,
mentres ti viras e viras,
fermosa xulamita,
lagoa de Traba,
porta do Monte Branco,
torre do Vilano,
flor da camariña.

O Cantar dos Cantares, de Manuel Rivas, do libro Costa da morte blues.


O concello de Camariñas


1