Do máis aló da gorxa,
dun profundo e misterioso fol,
saíannos sons que debiamos matar.
Repitan:
Los pajaros de Guadalajara tienen la garganta llena de trigo.
Pero Lolo o do Rito dicía
que Los pajaros de Juadalagara tienen la jarjanta llena de trijo
e o mestre dáballe un pao.
A min custoume algún traballo dicir sen respirar
que había plantas monocotiledóneas
pero non din sabido de que familia era
se é que a tiña
o toxo que douraba os montes de Galicia.


Fonema, de Manuel Rivas, do libro Costa da morte blues.







O toxo -Ulex europaeus- é un arbusto espiñento; as follas e mais as polas convírtense en espiñas cando son grandes. As follas novas son trifoliadas, sendo logo substituídas por espiñas verdes. As flores son amarelas, situándose na axila das espiñas nas pólas secundarias; son papilionaceas (semellantes a bolboretas), caracterizadas por teren o cálice amarelo, dividido en dous beizos dentados (o superior con dous e o inferior con tres dentes). O seu fruto é unha legume negra e peluda, que pode ter de unha a seis sementes non comestibles. As raíces, como ocurre en toda a familia das leguminosas, presentan uns abultamentos ou nódulos cheos de bacterias (Rhizobium), que son capaces de fixar o nitróxeno gaseoso que houber no solo, polo que son plantas que poden medrar sen necesidade de abono. O nitróxeno é un elemento fundamental para as plantas. Sen el non poderían producir proteínas, sustancias básicas da vida. As plantas verdes non teñen capacidade de coller o nitróxeno gaseoso da atmósfera, e só o poden asimilar en forma de nitratos (procedentes das bacterias da putrefacción). As leguminosas, gracias a esta asociación con bacterias na súa raiz, son un caso excepcional. Por isto son capaces de madurar ben en solos e terras pobres en nitratos (non abonados). A sabiduría popular dos labregos galegos -sen coñeceren as bases químicas de todo isto- aproveitaba a fixación do nitróxeno feita polos toxos a través do balume ou batume (arbustos e matorreiras que se cortaban no monte) para botar nas cortes, onde se enriquecían en nitróxeno cos excrementos dos animais de labor, formando o argueiro, un abono excelente para as terras de cultivo. As agriculturas industriais modernas empregan nitratos fabricados na industria (abonos químicos) no seu lugar, esquecendo o procedimento natural.



Furze \'f*rz\ \'f*r-ze-\ n [ME firse, fr. OE fyrs] : a spiny yellow-flowered evergreen leguminous European shrub ( Ulex europaeus ); broadly : any of several related plants (genera Ulex and Genista) - furzy aj


Base Indice

1