Préstame, chuvia, as túas palabras
e ti, vento, as ideas tan longas.
Déixame o teu rezo breve, río,
e ti, neve, a cortiza da bidueira.
Acouga ao norte, crepúsculo de musgo.

Pisadas.

Quebra o mundo como asa de garza.
Acúdeme, lóstrego.
Ponte de man, verde espada.
Cúbreme, néboa.

Coidémonos. Ven xente.






O exército do bosque, de Manuel Rivas, do libro Mohicania.





1