PINDO



Quen é o que mora aqui, qué entregue xente
de bronce e ferro negro se acubilla
nesta maxestuosa maravilla
tesa diante do mar omnipotente

Quen ten habitación nestes penedos
de rosado esplendor, qué pobo altivo
se refuxia no monte duro e esquivo
e coñece os seus íntimos segredos

Quen brinca sobre as pedras cabaleiras
e ouvea coma os ventos espantosos
de reventa-lo fero mar infindo,

quen anda por aí nas penasqueiras,
quen mora os territorios tenebrosos
e as espeluncas máxicas do Pindo.






de Darío Xohán Cabana, do seu libro Pátria do mar.





1