O dolmen de Dombate


Bravo país

Val de Soneira,
duro fogar senlleiro,
terra e ceo nun puño,
ventre xobreiro,
non é a luz do mencer
a que como vidrieiro
fecunda a flor.
Son as calidas veas do teu solpor.


Dias de feira

Por un poldro de vento a Santa Comba,
e a Baio por un río de mazás.
De Paiosaco,onde a chaira alomba,
un reloxo chinés con alalás.
De Buño, unha ola de estrelas.
De Camariñas, un encaixe de danzas
que tece o mar en sirventés de telas.
De Ponteceso, o cisne das lembranzas,
ese moinante que leva a ti, miña señor,
a flor de neve que atende por amor.



de Manuel Rivas, do libro Costa da morte blues


1