3ª FESTA DO PERCEBE SEMANA DO MAR DE CEDEIRA |
PROGRAMA DE ACTIVIDADES 22-26 XULLO 98 (Pulse/Click)
INTRODUCCIÓN
Por terceiro ano consecutivo, Cedeira prepárase para vivir unha nova "SEMANA DO MAR - FESTA DO PERCEBE". O éxito acadado nas pasadas edicións é o que nos motivou para organizar unha vez máis este evento, con RECORD incluído (case 2.000 kilos de percebe do Ortegal de 1ª clase consumidos na FESTA de 1997).
Xa dende o principio quixémonos desmarcar de ser etiquetados como unha festa gastronómica máis das miles que no período estival se celebran en Galicia, e a mellor maneira de facelo era, por unha banda, ofertar os mellores productos ós mellores prezos, cunha organización de persoal eficaz que de sensación de hixiene, limpeza, e coordinación en todo momento; por outra banda, potenciando a realización dun gran número de actividades paralelas, sempre relacionadas de xeito directo co mar, como as exposición de peixes e mariscos vivos da nosa ría, viaxes marítimos pola ría en buques militares e de observación submariña, deportes náuticos, e un longo etc...
Partindo destas premisas, dende 1996 acadouse que se falara de Cedeira como nunca antes se fixera nos distintos medios de comunicación, de maneira que na actualidade, a moitas persoas o mes de xullo lembralles que teñen unha cita ineludible con Cedeira: a Semana do Mar - Festa do Percebe.
Convén lembrar que os obxectivos que se perseguen coa organización deste evento son a promoción turística da Vila de Cedeira e o entorno do Ortegal, e a promoción dos productos do mar da comarca, tomando como referencia o "producto estrela": ó percebe, por ser, hoxe por hoxe, a lonxa de Cedeira a que máis percebe contrata de toda España, procedente na súa meirande parte das insuperables costas do Ortegal.
A organización corre a cargo dun equipo formado de xeito paritario entre o Concello e a Confraría de Pescadores de Cedeira, presidida polo Sr. Alcalde de Cedeira e o Patrón Maior da Confraría.
Deste xeito, o vindeiro día 22 de xullo inauguraráse a "3ª Semana do Mar", que englobará unha ampla gama de actividades relacionadas co mar: exposición de acuarios con peixes e mariscos vivos, paseos a bordo de buques militares, anfibios, e de observación submariña, etc, etc...tendo como colofón, ó sábado 25 e domingo 26, a 3ª FESTA DE EXALTACIÓN DO PERCEBE, donde ademáis de percebe, os visitantes poderán degustar pulbo á feira, empanadas, postres, e como non, os mellores viños galegos...
Un ano máis, coidamos que os motivos -dar coñecer a nosa Vila e os nosos productos- son incentivos máis que suficientes para traballar duro e colaborar todos.
PROGRAMA DE ACTIVIDADES 22-26 XULLO 98 (Pulse/Click)
QUEREMOS ESCOITARTE, SABER DONDE ESTAS, A TUA OPINION, ETC....
Queremos saber as túas opinións. Envianos a túa sobre o mar, a pesca, o percebe, Cedeira, este web,... en fin, sobre o que queiras.
Envianos e-mail a: pescacedeira@cesatel.es
Para máis información poñase en
contacto con nós:
Cofradía de Pescadores de Cedeira
pescacedeira@cesatel.es
Teléfono: 3481 48 03 89
Fax: 3481 48 21 79