MANUAL DE INSTRUCCIÓNS DA CASA DA XUVENTUDE DE OURENSE

Casa da Xuventude-Colectivo Phanzynex, Ourense, 1995. 25 × 17 cm. 12 páxinas. Capas en cores.

O Manual de Instruccións foi un encargo da Casa da Xuventude para ter un folleto explicativo, e asemade simpático, co que poder agasallar aos novos socios e socias (de entre 14 e 30 anos) e que se puideran facer unha idea das posibilidades (equipamento, funcionamento, actividades...) que desenvolve esta veterana institución.

O texto e mailas ilustracións correron a cargo de Henrique Torreiro; o personaxe protagonista, o Doutor Livingroom, é unha parodia dos clásicos antropólogos británicos que, en "traballo de campo" e mediante o método da "observación participante" vai comentando os distintos "costumes" que poden observarse nas dependencias da Casa.

 

Algunhas ilustracións do Manual de Instruccións (para amplialas, prémase sobre elas)

 

1