Era un home que ía camiño da casa
nun cabalo, e como viña da taberna, estaba borracho e non rexía
ben, e cando montóu na besta, montóu ao revés, de
cara pra o rabo da besta, ie agarróuselle ao rabo, e todo enfadado,
dixo:
-¡Mecachis en Rusia! ¿Quen foi o lapón
que lle segóu a cabeza á miña besta?
Ie, agarrado ao rabo da besta, decía que
había pouco tempo que lla cortaran, que aínda a besta estaba
quente.
A xente que alí estaba revolvéuno,
púxolle as bridas na man, e encamiñóuno pra súa
casa.
Indo camiño da casa, caíulle a zamarra,
e tuvo que baixarse a recollela, e pensóu que atopara unha zamarra
no camiño. Caíulle varias veces, ie iba na creenza de que
eran zamarras que ía atopando, e íbaas poñendo encima
da albarda da besta, hasta que, en chegando á casa, volvéulle
a caír, e xa non quixo collela, i, na casa, díxolle aos netos
que traía unha partida de zamarras que atopara no camiño,
e que a última que xa xiquera a collera, que quedara cerca da casa.
Indice de contos
O que sexa...