Eran tres canteiros, que traballaban de compañeiros,
e ós que lle gustaba moito o viño. Tanto bebían que
non lles chegaba o que gañaban, e entón decidiron que de
alí en diante o que o nomease, pagaría de multa o gasto de
todos.
Acordárono así e pasou un día,
e pasaron dous, e pasaron tres.. máis, ¿quen se contiña?
A sede tiñaos secos, e un día que estaban xantando os tres
tiñan unhas caras moi tristes.
Un dos canteiros, principiou a se laiar e dicía:
-¡Ai dil, ai dil!
E o segundo, comprendéndolle a intención,
apoiaba:
- ¡E que non se pode pasar sen el!
Entón o terceiro, vendo que todos estaban
conformes e sen rompe-la consgina, dixo:
-¡Pois coller a xarra, e ir por el!
E botando man da xarra foron polo viño, máis
como ninguén o nomeara, pagárono entre os tres.
Indice de contos
O que sexa...