O BOTICARIO, O PARVO E AS MOSCAS
Un home, que tiñan por medio aparvado, entróu
unha vez na botica, e díxolle ao boticario:
-¡Ai, señor, cántas moscas ten
aquí!
-Pois mira - díxolle o boticario-, por cada
mosca que mates, douche un peso.
O home puxo de testigos á xente que había
na botica, e púxose a matar moscas, xuntando seique vinte ou vintecinco.
O boticairo iba mirando unha por unha, e íballe
dicindo según as separaba:
-Esta é "mosco".
Separaba outra, e dicía igual: Esta é
"mosco". E así todas. Ningunha era moscas, todas eran "moscos".
Craro, non llle dieron ningún peso, e fixéronlle a risa.
Pero aquel paisaniño tiña colmeas,
e todos os anos mandáballe a proba do mel ao boticario. Así
que lle chegóu a hora de mandarlle o mel, foi ás cortes e
colléu un pouco de bosta das vacas e mezclóullo co mel que
lle iba a mandar ao boticario.
Pasóu o tempo e, un día que foi o
home pola botica, preguntóulle ao boticario se lle gustara o mel.
O boticario contestóulle:
-Home, esta vez non estaba nada bon. Hastra parece
que sabía a merda, con perdón.
-E máis a tiña - díxolle
o medio parvo. Pero, mire señor: o que lle sabe separar as moscas
dos moscos, que separe a merda do mel.
Lista de contos
O que sexa...