O FILLO TOSCO
Era unha velliña que tiña unha filla
monxa e un fillo medio tosco.
Chegóu o momento que ela morréo, e
o fillo (que era o que estaba con ela na casa) escribíulle á
irmá que lle viñese ao enterro da mai, e ademáis que
lles pagara aos curas, por que il non tiña unha cadela siquiera.
A monxiña veo inmediatamente a casa, e mandóu
que se fixese un enterro de primeira, que ela pagaría toso. Asi
o fixeron. Pero, á hora de pagar, ela escapóu, e o rapaz
(que, como dixemos, era bastante tosco e probe), cando lle reclamaron que
pagara il, dixo:
-Que pague a zorra da miña irmá.
-Vostede está loco. ¿Cómo lle
chama eisí a unha muller que está casada con Cristo? - díxolle
un dos curas.
-Pois, logo, que pague meo cuñado.
Lista de contos
O que sexa...