"Pois todas son por un xeito, xa non vexo muller pra casar coela que eu lle teña confianza".
Entonces volveuse pensar que había unha na parroquia que era coxa, fea e probe; entón dixo il:
"Voulle falar segredamente, que esa teño a seguridá que non é como as outras".
E faloulle e casóu coela, e unha noite, estando na cama, díxolle ela:
"Ai Manoeliño, quérote moito!"
E dixo il :
"Porque dis eso muller?"
Entón dixo ela:
"Porque tiñas mozas tan boas mozas e ricas e nonas quixeches, pra casares comigo, coxa, fea e probe".
Entón contestoulle il:
"Pois eu quíxente porque figúraseme que és unha muller segreda".
Entón ela contestoulle:
"Manoeliño, tan segreda coma min non hai outra, pois parín sete veces, e ningueno sabe, soilo o sabes tí que cho digo eu".