O PADRIÑO
Un día saíu un home, que tiña
un fillo pequeno, a buscar padriño pra bautizalo. Indo polo camiño,
encontróu con un home que lle preguntóu pra ónde iba,
e dixolle que iba buscar padriño para o neno, e dixolle:
-E, ¿tú quén eres?
-Eu son o demo - díxolle o home que encontrara.
- Pois tú non me sirves, que enredas moito
no mundo.
Seguíu o camiño, e, máis adiante,
encontróu outro, e se saludaron da misma maneira, e il díxolle
que era Dios.
- Pois tú tampouco me sirves, porque a unhos
daslles todo, i a outros nada - decía o que iba buscar.
Máis adiante, encontróu outro home,
e volvéronse saludar como antes, e díxolle que era a morte.
-Tú eres o único que me sirves, porque
non escolles a nadia -dixolle el.
Lista de contos
O que sexa...