In english
Antes da construción da ponte do Ézaro unha barca unía os
camiños que hoxe son a estrada xeral entre os concellos de
Dumbría e Carnota. Era chamada
a barca dabaixo por haber outra río arriba, en terras
da parroquia de Arcos. Pasaban na barca as xentes que querían
atravesar á outra beira, habendo outra para pasaren animais.
O barqueiro cobraba unha peaxe polo servicio de paso,
existindo unha especie de abonos para todo o ano.
Cóntase que alá a principios deste século
afundiu a lancha por ir cargada de máis, morrendo dezasete
persoas, accidente que ainda se lembra na vila do Pindo.
Posiblemente esta sexa a explicación de que só algunhas veces se atope berberecho na praia da desembocadura, e sempre de pequeno tamaño, como si o réxime de correntes lles recortase o crecemento enviandoos moi ao fondo da area ou mar adentro. O vento do nordés barre as terras altas. Cando chega o desnivel da costa atopa o macizo do Pindo e o surco fendido no granito polo Xallas, e sofre un extenso efecto Venturi no seu descenso. Así, o vento rabea con forza no embó de pedra da última grande fervenza, e desfaise en turbulencia sobre o esteiro, na pétrea antesá da ponte e da carretera e da praia. A sua forza empurra regueiros de area e desfai as crestas das ondas no ollo da ponte. Os ventos atlánticos de compoñente oeste -os do cabo (W) e vendaval (SW)- veñen as mais das veces cheos de humidade e da man da choiva. Levantan o mar de vento sobre o de fondo. Suben polo álveo do río. Cedo, o un de Xaneiro de 1996.
|