Como "dodós" coñécese a un grupo de aves que viviron en illas do Océano Indico ata o século XVII. Poida que fosen os portugueses os primeiros en chamarlles dodós, supónse que por imitación da sua voz ("do-dó" ou "doa- doa"). Os holandeses chamáronnas "Walghvoels" ("aves noxentas") e "drontes". Descoñécese o significado deste último termo, que tamén empregaron os alemáns. |
|