Un triste conto

En 1505 Pedro Mascarenhas descubréu ó leste de Madagascar 2 illas, que co tempo chamáronse Mauricio, a meirande, e Reunión. A illa Rodríguez foi descoberta máis tarde, en 1545. Axeno a estes feitos vivía, nas 3 illas, o dodó.
Nun medio sin depredadores e cunha vida acomodada, o dodó esquecéu voar, atrofióu as ás, e descuidóu as suas niñadas. Coa chegada do home foi cazado masivamente e os animáis domésticos atoparon especialmente exquisitos os seus ovos e poliños.
Así, menos de 200 anos despois do contacto co home, o dodó desaparecía. A última mención da sua presencia data de 1681.




This page hosted by Get your own Free Home Page
1