Abondosa familia

As illas Mauricio, Rodríguez e Reunión tiveron cada unha o seu propio dodó.
Dodó da illa Mauricio (Raphus cucullatus). Era un ave corpulenta, coa cabeza semidescoberta de plumas. Carecía de ás, tendo no seu lugar 3 ou 4 plumas negruzcas. A cola, con poucas plumas moles e reviradas de cor cinza. A plumaxe que cobría o corpo era clara (ver a figura).

Dodó da illa Reunión (Raphus solitarius). Semellante ó dodó de Mauricio, agás na plumaxe, que era branca. Se cadra menos corpulento.

Dodó da illa Rodríguez (Pezophaps solitaris). Era o máis grande dos tres. Os machos poderían acadar os 20 kg e medir 80 cm. As súas ás estaban menos atrofiadas e cunha excrecencia ósea que empregaban como defensa.





This page hosted by Get your own Free Home Page
1